Visita técnica de 1º SOCA. Estaleiros Cardama

Os alumnos de 1º SOCA fixeron unha visita técnica aos Estaleiros Cardama. Esta empresa foi fundada no ano 1916 por Francisco Cardama Godoy, dedicándose  dende a súa fundación á construción e reparación de buques.

O estaleiro dispón de 6 vías de varadero, con capacidades máximas de 2.800 t.p.m., 105 metros de eslora e 14.6 metros de manga. Ademais dispón dun peirao de reparacións propio de 80 metros de longo con todos os servizos.

Puideron ver de primeira man, a aplicación de todo o explicado ao longo de curso. Sen dúbida, toda unha lección práctica que os axudará a coñecer un pouco mais a profesión que está a estudar.

Grazas a todo o persoal do estaleiro pola boa acollida que tiveron cos nosos rapaces.

Juan B. Carpintero

Author: Juan B. Carpintero

Compartir