Visita técnica a LASER GALICIA. 1º SOCA

Onte, os alumnos de 1º SOCA do Colegio Hogar fixeron unha visita técnica á empresa LASER GALICIA. Empresa situada en Porriño e que é referente do corte láser e pregado por control numérico. Destaca o seu nivel tecnolóxico e toda a súa cadea de produción.

 LASER GALICIA leva anos colaborando co Colegio Hogar formando aos noso alumnos nas prácticas de FCT e recibíndonos nas visitas técnicas.

 Durante a visita, persoal técnico acompañounos a longo do percorrido pola empresa, describindo con detalle todos os procesos de corte láser, pregado CNC, soldadura e outras  operacións. Tamén responderon a tódalas suxestións que sobre o tema tiñan os alumnos.

Juan B. Carpintero

Author: Juan B. Carpintero

Compartir