Visita Técnica 2º MEC A e B. EUROPRECIS e BALIÑO

O xoves 7 de febreiro o alumnado de 2º de Grao Medio de mecanizado visitamos dúas empresas antes de comezar a próxima singradura das prácticas. Estas empresas que sempre colaboran con nós gustosamente foron Europrecis e Baliño.

Europrecis é unha empresa que leva xa traballando dende 1981. Teñen un departamento de deseño forte así como a mecanización de máquinas para a pedra, maquetas para a industria automobilística, utillaxes para o sector naval  e pezas de precisión para aeronáutica.

Baliño está presente dende 1975 e é un dos principais fabricantes de liñas de eixo con hélices de paso variable e paso fixo, compoñentes de eixos, bucinas e temóns para o sector mariño, ademais de fabricar turbinas.

Foi unha visita moi interesante que nos fixo ver a diferencia de traballar peza pequena e peza grande e tamén para ter unha visión xeral do que é unha empresa e o seu funcionamento

Tamén foi moi gratificante saudar a tantos antigos alumnos que son os que fan posible que tanto Europrecis coma Baliño sigan adiante sendo punteiras no sector. Atoparse con eles e que lembren ao cole e aos mestres con tanto agarimo non ten prezo.

Juan B. Carpintero

Author: Juan B. Carpintero

Compartir