VISITA TÉCNICA 1º SOCA. LÁSER GALICIA

Os alumnos de 1º curso do ciclo de Soldadura e Caldeiraría realizaron unha visita técnica á empresa LASER GALICIA. Esta empresa está situada en Porriño e é un referente do corte por láser e pregado de control numérico. Destaca polo seu grande nivel tecnolóxico en toda a súa cadea de produción.

LÁSER GALICIA leva varios anos colaborando co Colegio Hogar Afundación formando aos nosos alumnos en prácticas durante a FCT e recibíndonos nas visitas técnicas.

Durante a visita, o persoal técnico acompañou aos alumnos ao longo do percorrido pola empresa, describíndolles con detalle todos os procesos de corte por láser, pregado CNC, soldadura e demais operacións. Ademais, responderon a todas as preguntas que sobre o tema tiñan os alumnos.

GRAZAS.

Juan B. Carpintero

Author: Juan B. Carpintero

Compartir