Uso de cookies Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle publicidad relacionada con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede cambiar la configuración u obtener más información aquí: Política de cookies. Permitir cookies

Visita técnica 1º PPFM. BALIÑO

Hoxe os alumnos de 1º PPFM tiveron unha vista técnica a Baliño. Empresa fundada no ano 1948 e cuxa principal actividade é a fabricación de liñas de eixe con paso fixo e paso variable, compoñentes de eixes, bocinas e temóns, para o sector naval; turbinas para plantas de enerxía hidráulica e, ademais deseñan e fabrican útiles para a industria xeral.

Nesta vista, os alumnos puideron ver, entre outras cousa, hélices de paso variable, de paso fixo e liñas de eixe completas, así como o proceso de fabricación dunha turbina que se instala nos ríos para a xeración de enerxía eléctrica.

Grazas a esta visita, puideron familiarizarse cos diferentes planos de fabricación e comprobar in situ, todo o aprendido no curso e coñecer mais de preto o mecanizado de pezas de grandes dimensións.

 

Juan B. Carpintero

Author: Juan B. Carpintero

Compartir