Uso de cookies Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle publicidad relacionada con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede cambiar la configuración u obtener más información aquí: Política de cookies. Permitir cookies

Visita de D. Stéfano de Turín

O delegado do Rector Maior dos Salesianos para a rexión Mediterránea e Medio Oriente, D. Stefano Martoglio está de visita no Colegio Hogar.

Esta estancia está enmarcada dentro do ciclo das visitas extraordinarias que cada seis anos fai en representación do Rector Maior da Congregación. Durante a súa estancia, aproveitará para manter encontros cos diferentes grupos e ambientes que existen no COLEGIO HOGAR, para coñecer, de primeira man, a realidade desta casa salesiana.

O mércores pola tarde mantivo o encontro co equipo docente do Colexio e tivo palabras de agradecemento  polo traballo que están a desenvolver e animounos a seguir apostando pola xuventude.

O xoves pola maña puido compartir os Bos Días cos alumnos de Grao Superior a quen animou a adquirir boas competencias profesionais para acadar un bo traballo nun futuro próximo, pero sen descoidar a formación humana.

 

 

 

jmnunez

Author: jmnunez

Compartir