Uso de cookies Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle publicidad relacionada con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede cambiar la configuración u obtener más información aquí: Política de cookies. Permitir cookies

VISITA DE ACLUNAGA.

D. Óscar Gómez e Dna. Rosa Cernadas, xerente e responsable de formación de ACLUNAGA (Asociación Clúster do Naval Galego) visitaron hoxe as instalacións do Colegio Hogar Afundación.

Acompañados por Dna. Carlota Sánchez, Coordinadora Adxunta Área Educación Superior de Afundación, D. José Rodríguez Míguez, director do colexio e D. Álvaro Gestido Porto, profesor do ciclo de Soldadura e Caldeiraría, visitaron os talleres de Construcións Metálicas, Mecanizado, Electricidade e Electrónica e se interesaron pola formación que se imparte no colexio.

Durante a visita, D. Óscar comentou as necesidades actuais do sector naval e, mais concretamente, da necesidade de persoal cualificado. Entre outras moitas cousas, expuxéronse posibles vías diferentes de colaboración Escola-Empresa.

Agradecemos a ACLUNAGA que viñera a coñecer o noso traballo e as posibilidades que o noso centro pode ofrecer na formación de futuros traballadores do sector naval.

 

Juan B. Carpintero

Author: Juan B. Carpintero

Compartir