VISITA DE 2º MANELE AO BARCO «EIRADO DO COSTAL»

Este xoves 30 de novembro de 2017, os alumnos de 2 MANELE do Colegio Hogar, realizamos unha visita, organizada por un compañeiro da clase, Sergio Comesaña .

A visita iniciouse coa chegada en autobús  á empresa, Moradiña en Cangas (Frigoríficos del Morrazo).

Esta empresa leva moitos anos establecida no sector e en dita cidade.

Á chegada, atendeunos Juan Barreiro, dono da empresa e guía na nosa visita.

Un autentico privilexio para todos nos, tamén fomos guiados en visita por Leonardo Comesaña ( Pai de Sergio Comesaña) empregado de Juan Barreiro cuxo posto de traballo é inspector de buques e mecánico, que nos ofreceu unha variedade de información moi  interesante.

O barco que visitamos, situado no espigón da empresa Frigoríficos del Morrazo, se chama, Eirado do Costal. Este barco é un arrastreiro, en reparación, que sairá o luns día 4, se todo sae ben, cara Canadá.

Aproveitando estas reparacións, permitíusenos visitar este buque.

Coñecemos a ponte de mando, faláronnos de todos seus aparatos, radar, temón, radio de comunicacións, ao tempo da aplicación dos criterios e aspectos da normativa marítima vixente. Tamén faláronnos da normas de seguridade e salvamento.

Este barco dedícase á pesca, procesando nas súas adegas o peixe, conxelándoo e almacenándoo.

A visita continuou pola cuberta, onde puidemos observar pañois, grúas e aparellos de pesca, así como redes y boias.

Fomos pola zoa de máquinas, pasando logo polas adegas. A sala de máquinas pareceunos moi interesante, puidemos observar, cadros eléctricos, todo tipo de maquinaria para o mantemento dos motores. Explicáronnos, como se realiza o mantemento de pezas tan grandes y voluminosas nun espazo tan reducido.

En todo momento, a empresa, así como os seus empregados, respondéronnos a todas e cada unha das nosas preguntas.

Os alumnos de 2º MANELE queremos agradecerlles a súa paciencia, a súa colaboración e esa paixón pola súa profesión demostrada cando falan dela.

Moitas grazas.

 


Juan B. Carpintero

Author: Juan B. Carpintero

Compartir