Uso de cookies Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle publicidad relacionada con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede cambiar la configuración u obtener más información aquí: Política de cookies. Permitir cookies

VISITA AO PARQUE EÓLICO DE SOTAVENTO.

O pasado martes 5  de decembro, os alumnos do Ciclo de Grao Medio de INSTALACIÓNS DE TELECOMUNICACIONS desfrutaron dunha visita ao Parque Eólico experimental de Sotavento, onde recibiron diferentes explicacións técnicas sobre a Educación Ambiental de Calidade, interpretando este concepto como a didáctica a través da cal os individuos toman conciencia da repercusión das actividades humanas no medio, fomentando a reflexión de un uso responsable e eficiente dos recursos enerxéticos en particular e dos problemas ambientais en xeral. Sempre encamiñando a crear un compromiso individual de participación social, xa que a Educación Ambiental é un elemento chave para o futuro do planeta.

Dende o comezo da súa andadura, alá polo ano 2002, a Fundación Sotavento Galicia converteuse nos últimos anos nun referente na divulgación e na educación enerxética. As fontes de enerxía, a aposta pola eficiencia, o aforro enerxético e a súa interrelación coa problemática ambiental serían, en resumo, os bloques de contido non que se asenta o proxecto.


Juan B. Carpintero

Author: Juan B. Carpintero

Compartir