Visita a WÄRTSILÄ. Mec 1º A e 1ºB

Hoxe, os alumnos de 1º A e 1ºB do ciclo de Grao Medio de Mecanizado realizan a súa primeira visita técnica a unha empresa do sector. Neste caso trátase da multinacional Wärtsilä, que ten a súa fábrica no Polígono Industrial das Gándaras. Esta empresa dedícase ao mecanizado no sector naval, centrando a súa produción na propulsión dos barcos: eixes de cola, bocinas, toberas, chumaceras, timóns, etc.

Nesta empresa, os alumnos puideron ver a aplicación práctica do que están a aprender nas aulas e nos talleres, e tomar contacto coa realidade que se van a atopar cando finalicen os seus estudos, e contar coa visión e a experiencia dos moitos antigos alumnos que pasaron hai pouco tempo polas aulas do colexio e agora se atopan traballando nesta empresa.

Agradecemos a Wärtsilä a súa colaboración co noso centro na formación dos nosos alumnos, con actividades como esta ou colaborando directamente nas FCT.

Juan B. Carpintero

Author: Juan B. Carpintero

Compartir