Uso de cookies Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle publicidad relacionada con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede cambiar la configuración u obtener más información aquí: Política de cookies. Permitir cookies

VISITA A EMAF 18 (EXPONOR – OPORTO)

Os alumnos de 1º PPFM, 2º PPFM. 2º SOCA, 2º MEC A e 2º MEC B foron ata Oporto, para visitar a Feira da Máquina Ferramenta e Accesorios (EMAF) que dende o mércores 21 ata o sábado 24 se está a celebrar no recinto de EXPONOR. En total, foron 85 alumnos acompañado por 8 profesores do departamento de Fabricación Mecánica.

Esta actividade, englobada dentro das Visitas Técnicas que o departamento organiza tódolos anos como complemeto formativo, serve para que poidan tomar contacto coas novas tecnoloxías, procedementos, máquinas, ferramentas e utillaxes, que se están a empregar hoxe en día nas nosas industrias.

Unha boa experiencia.

Juan B. Carpintero

Author: Juan B. Carpintero

Compartir