V Feira de Ensinanzas Artísticas e Profesionais de Vigo.

Esta quinta edición da Feira de Ensinanzas Artísticas e Profesionais de Vigo acolle a máis de 24 centros formativos de múltiples especialidades: maxisterio, restaurador de bens culturais, idiomas, música, teatro, danza, auxiliar de voo, deseño de moda, deseño gráfico, deseño de xoias, xemóloxía ,cociña, imaxe e son, hípica, esgrima, repostaría, perruqueiría, cerámica, baile, camareiro, actor, dirección de escenas, electrónica…

Entre centros como a escola Superior de Conservación e Restauración de Bens Culturais de Galicia, a Escola de Artes e Oficios de Vigo, a Escola Universitaria CEU de Maxisterio Vigo, Mayeusis Conservatorio das artes, a Escola Oficial de Idiomas de Vigo (EOI), a Escola Superior de Deseño e Moda Goymar-Vigo, a Escola de Peluquería Ondas y Perfil, a Escolla de Hostalería Ciudad de Vigo, o Centro de Artes Plásticas e Deseño AULA D, a Escola de Imaxe e Son de Vigo EISV, a Escola T. de Joyería del Atlántico, a Escuela de Azafatas y Tripulantes de Cabina de Pasajeros de  Vigo – Air-Hostess, o Club Falcata de Esgrima Histórica, o EFA A Cancela Centro de Formación Profesional, o Centro de Artes Plásticas aplicadas ao Deseño de indumentarias TEX MODA, a Escola Superior de Arte Dramática de Galicia (ESADg), o Colegio Cemar Internacional Marcote, o Centro de Artes Plásticas e Deseño Atlántico, a Escuela Europea Parasanitaria ESP, a Escuela Hípica Abrain, Connectors, E.S.I.C.A. e o IES Pedra da Auga, atopámonos nós cos nosos alumnos e alumnas de Artes Gráficas, representando ó Colegio Hogar Afundación durante as xornadas do luns e do martes, tanto de mañá como de tarde.

A entrada ó recinto é gratuíta e pódese acceder no seguinte horario: 9:30-14:00h e 16:00-19:00h.

Unha cita que axudará a todos aqueles que queiran coñecer as posibles saídas laborais, próximas ou para o futuro, e as posibilidades que teñen de continuar estudando na nosa cidade.

 

Juan B. Carpintero

Author: Juan B. Carpintero

Compartir