Uso de cookies Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle publicidad relacionada con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede cambiar la configuración u obtener más información aquí: Política de cookies. Permitir cookies

Proxecto educativo

Carácter propio

O “Colegio Hogar Afundación”, pertencente á Fundación Galicia Obra Social, //Afundación, xestionado pola Congregación Salesiana, satisfai as necesidades formativas e profesionais dos mozos dando resposta ás demandas laborais do ámbito económico e empresarial que solicita axentes de calidade técnica e humana.

O noso centro ofrece un servizo educativo integral de calidade cunha identidade específica, que consiste nunha formación profesional humana e cristiá aos nosos alumnos nun marco de acollida, acompañamento continuo e ambiente de familia segundo o estilo de Don Bosco.

Como

  • Promover a formación integral dos alumnos de acordo cunha concepción cristiá da persona, da vida e do mundo.
  • Promover entre quen o desexe, nun marco de liberdade, itinerarios de educación na fe e outras actividades de celebración cristiá e de grupos.
  • Colaborar, dende valores evanxélicos, con outras forzas sociais comprometidas na construción dunha sociedade máis humana e máis xusta.

Como ESCOLA SALESIANA, actualizamos a experiencia educativa de Don Bosco, e baseámonos nos seguintes criterios de actuación:

  • Esta escola é popular, libre e aberta a todas as clases sociais, dando preferencia aos máis necesitados. Coloca o alumno no centro do proceso educativo, acólleo como é e axúdao a crecer mediante múltiples propostas educativas, non só nas horas lectivas, senón con outras actividades formativas no tempo libre, convertendo a escola salesiana nun servizo a tempo completo.
  • Destaca a personalización da relación educativa, mediante a presenza dos educadores no medio dos alumnos, a súa participación na vida dos mozos e a súa dispoñibilidade para estar con eles.
  • Educa no traballo fonte de personalización, de educación, de convivencia e mellora permanente da calidade de vida.
  • Dá preferencia aos estudos, especializacións e programas que responden ás necesidades da zona, a cal facilita a relación co ámbito poñendo á súa disposición persoas e locais, organizando servizos de promoción e actividades abertas a todos.
  • Promove a solidariedade cos máis necesitados, e a colaboración con outras entidades que contribúen a lograr o seu dereito a unha vida máis digna.
  • Educa evanxelizando e evanxeliza educando, para un axeitado desenvolvemento humano e cristián.

 

Todos estes principios pódense concluír no eixe fundamental do labor educativo de Don Bosco, caracterizado polo CRITERIO PREVENTIVO que se basea en “a razón, a relixión e o amor”.

A RAZÓN permítenos axudar a xerar conviccións firmes nos nosos alumnos, valorar a vida e as cousas con profundidade, sentido positivo, espírito crítico e compartir o esforzo humano no proceso de socialización e personalización.

A RELIXIÓN favorece experiencias de respecto ás diferentes opcións relixiosas e crentes e diálogo entre a fe, a ciencia e a cultura do contorno; e intentamos vivir o AMOR como acollida incondicional das persoas, participación nas alegrías e tristuras do outro e capacidade de traducir en signos concretos o amor educativo.

Poñer en práctica este Sistema Educativo supón desenvolver positivamente as forzas interiores da persoa, estar presente na vida dos mozos para anticiparse ás situacións negativas e lograr de todos uns

HONRADOS CIDADÁNS E BOS CRISTIÁNS 

Todos os membros da Comunidade Educativa, a entidade titular, o profesorado, o persoal de administración e servizos e os pais e nais, estamos implicados no proceso educativo dos nosos alumnos. Deste xeito a escola salesiana convértese en “familia” cando o afecto é correspondido e todos nos sentimos corresponsables do ben común.