Uso de cookies Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle publicidad relacionada con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede cambiar la configuración u obtener más información aquí: Política de cookies. Permitir cookies

PRESENTACIÓN DO GRUPO PSA

Hoxe contamos coa presenza de Marina Sánchez, responsable dos RRHH do grupo PSA na súa planta de Vigo.

Marina deunos unha visión xeral do grupo PSA, que agrupa as marcas Citroën, Peugeot, DS, Opel e Vauxhal. Presentounos as súas necesidades de contratación para poder facer fronte aos novos proxectos que xa se teñen aprobados para a planta de Vigo e animou, sobre todo, ás mulleres, a que pensaran no grupo PSA como unha posible saía profesional, xa que están moi concienciados coa igualdade da muller no traballo.

O remate da súa presentación, Marina respostou a todas as dúbidas que xurdiron durante a charla: tipos de contrato, quendas de emprego, salarios,…

Insistiunos na necesidade que ten neste momento o grupo PSA de incorporar técnicos, tanto de Grao Medio como de Grao Superior, especialmente, das especialidades de electricidade, electrónica e fabricación mecánica.

A esta charla asistiron os alumnos dos 2º cursos de INSTEL, IEEAU, MANELE, AUROIN, PPFM, MECNIZADO E SOLDADURA.

Agradecémoslle a Marina a presentación que nos fixo, e ao grupo PSA, por ter en conta ao Colegio Hogar Afundacion para facer aos nosos alumnos esta oferta de emprego.

 


Juan B. Carpintero

Author: Juan B. Carpintero

Compartir