Uso de cookies Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle publicidad relacionada con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede cambiar la configuración u obtener más información aquí: Política de cookies. Permitir cookies

PREMIOS EXTRAORDINARIOS DE FP

A CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA ven de convocar os Premios Extraordinarios de Formación Profesional de Grao Superior da Comunidade Autónoma de Galicia, correspondentes ao curso escolar 2016/17, para o alumnado que realizou estes estudos e que os rematou no ano 2017.

Poderanse conceder ata vinte e tres premios extraordinarios, un por cada familia profesional de Grao Superior implantada na Comunidade Autónoma de Galicia, cunha dotación económica máxima de 850 €.

Para optar a estes premios extraordinarios, o alumnado deberá cumprir os seguintes requisitos:

  1. Ter cursados estudos de formación profesional de grao superior no curso 2016/17 nalgún centro educativo da Comunidade Autónoma de Galicia, ben na modalidade presencial ou na modalidade a distancia e telos rematados no ano 2017.
  2. Ter obtido unha cualificación final do ciclo formativo igual ou superior a 8.50, nos termos establecidos no artigo 50 do Decreto 114/2010, do 1 de xullo, polo que se establece a ordenación xeral da formación profesional do sistema educativo de Galicia. Esta cualificación expresarase con dúas cifras decimais, redondeada á centésima máis próxima e, en caso de equidistancia, á superior.
  3. Non estar incurso/a en ningunha clase de inhabilitación para a obtención de axudas previstas nos puntos 2 e 3 do artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, estar ao día no pagamento de obrigas por reintegro de subvencións, conforme ao artigo 10.2.g) da citada lei, e o artigo 9 do Regulamento de subvencións de Galicia, aprobado polo Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e estar ao día no cumprimento das obrigas tributarias ou fronte á Seguridade Social e non ter pendente de pagamento algunha débeda coa Administración pública da Comunidade Autónoma, conforme o artigo 10.2.e) da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

O prazo de presentación de solicitudes finaliza o vindeiro 15 de marzo de 2018.

Para mais información, podes consultar a Orde do 6 de febreiro de 2018, publicada no DOG o xoves 15.

Juan B. Carpintero

Author: Juan B. Carpintero

Compartir