Uso de cookies Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle publicidad relacionada con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede cambiar la configuración u obtener más información aquí: Política de cookies. Permitir cookies

PRACTICANDO NO LABORATORIO

 

Neste curso de primeiro de impresión gráfica estamos a dedicar tempo a facer diversos proxectos no módulo de “Materiais”, desde a fabricación artesanal do papel ata o deseño dunha cámara estenopeica. E diredes, que é iso? Pois para os que non o saiban, consiste en que mediante unha caixa e un buraco do diámetro dunha agulla poderíase realizar unha fotografía en papel fotosensible, o cal tamén o conseguimos facer noutro dos proxectos. Pero iso non é todo, tamén fabricamos tinta como na idade media, mediante compostos como agallas de carballo e doutras árbores, facemos papel reciclado cos desperdicios do taller e ata conseguimos facer tinta para “tatuar” coiro. Todos estes proxectos son moi divertidos, mesmo utilizamos o laboratorio, que nunca viramos, para preparalos!

 

Andrea Barros 1ºIMPGRAF

 

Juan B. Carpintero

Author: Juan B. Carpintero

Compartir