Uso de cookies Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle publicidad relacionada con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede cambiar la configuración u obtener más información aquí: Política de cookies. Permitir cookies

Política de calidade

A Dirección do colexio ademais de perseguir a plena satisfacción dos seus alumnos, pais, profesores e todas as persoas que forman esta gran familia;  proporcionando uns recursos e un proxecto educativo adecuado ás súas necesidades, decidiu introducir no seu colexio unha filosofía de mellora continua, adiantándose ás esixencias do mercado do sector educativo  e implantando un Sistema de Xestión da Calidade que cumpre cos modelos educativos aceptados en Europa e no mundo occidental, coa regulamentación española e europea aplicable á educación e co modelo de garantía da calidade ISO 9001, que é base de certificación.

O Colegio Hogar está integrado dentro do proceso de Xestión de Calidade que a Inspectoría Salesiana de Santiago o Maior leva a cabo, asesorados pola empresa Calyma, e certificados por APPLUS.

O noso Centro foi certificado con avaliación positiva por primeira vez por AENOR en febreiro de 2005. A día de hoxe continuamos con este sistema de xestión de calidade estando a totalidade dos Centros Educativos da Inspectoría (doce) certificados.

O Sistema de Xestión de Calidade do Centro está encamiñado a mellorar a xestión do colexio, para conseguir mellores resultados no desenvolvemento do noso Proxecto Educativo. Este sistema incumbe a todos os procesos que se desenvolven no Centro, desde a docencia ata a administración e os servizos, e é asumido e levado a cabo por todo o persoal do Centro.

Desenvólvese a través das seguintes ferramentas:

  • Manual de calidade
  • Procedementos
    • Clave: Titoría, Ensino-aprendizaxe, Avaliación do alumno, Pastoral, Formación, Actividades complementarias
    • Estratéxicos: Deseño, Programacións
    • Soporte: Control da documentación, Control dos rexistros, Xestión de incidencias, Satisfacción de clientes, Auditorías internas, Revisión pola dirección, Seguridade da información, Xestión de indicadores, Avaliación de provedores, Compras, Almacenes, Mantenemento
    • Protocolos: Aplicación manual LOPD, Ausencia do profesorado, Apertura e peche de portas
    • Cronogramas: Docente, Titor, Coordinador de Departamento, Grupo de Calidade, Xefatura de Estudios, Director, Equipo Directivo
  • Incidencias
  • Indicadores
  • Auditorías: Externas (APPLUS), Internas (Calyma)
  • Enquisas de satisfacción: Alumnos, Profesores e PAS, Empresas FCT
  • Revisión pola Dirección
  • Plan de Mellora
  • Equipos: ESCI (Equipo de Seguimento de Calidade Inspectorial), GCC (Grupo Coordinador de Calidade)

A

nosa oferta de calidade vén recollida na Política de Calidade, que especifica os ámbitos nos que se desenvolverán os nosos esforzos para conseguir unha mellora constante en todos os procesos de ensino-aprendizaxe, e é a seguinte:

O noso colexio pon aos alumnos e alumnas no centro da sús acción educativa buscando a formación da persoa seguindo as ensinanzas de Don Bosco: axudarlles a ser “honrados cidadáns e bos crinstiáns”.

Somos educadores e educadoras, compremetidos no desenvolvemento dos valores propios do noso patrimonio educativo:

  • A acollida incondicional dá persoa.
  • A confianza nos mozos e mozas.
  • Atención preferencial polos máis necesitados.
  • A personalización das relacións.
  • O respecto á vida.
  • O traballo como fonte de educación.
  • A construción dun mundo máis solidario, xusto e pacífico.
  • A apertura a Deus.

Comprendemos que a visión de futuro esixe un compromiso decidido de:

  • Estimular unha formación humana, profesional, cristiá e salesiana entre os educadores, aberta ás novas sensibilidades e necesidades do noso  alumado.
  • Favorecer o sentido de corresponsabilidade na misión educativa.
  • Responder aos novos desafíos que presenta o mundo xuvenil, potenciando o traballo en equipo e de forma coordinada dende as distintas plataformas educativas.
  • Educar ao alumnado para a participación na vida social con sentido de responsabilidade.
  • Favorecer no colexio a interculturalidade e o sentido de pertenza a Europa co fin de construír unha nova cidadanía activa, pacífica e democrática.
  • Potenciar a identidade cristiá e salesiana do noso centro desde unha cultura aberta ós valores evanxélicos e a educación na fe.

Para responder a todas estas expectativas, o colexio conta con:

  • O Sistema Preventivo como estilo educativo propio.
  • Unha metodoloxía aberta e flexible, que promove aprendizaxes significativas integrando en cada intre os avances pedagóxicos a través da formación permanente do profesorado.
  • Sentido de familia, onde todos os integrantes da Comunidade Educativa se encontran “como na casa”.
  • Escola a templo pleno, máis aló do estritamente académico.
  • Un sistema de avaliación continua e atención a diversidade que garante, en cada intre do proceso educativo, a adecuación da nosa acción ás necesidades dos destinatarios.
  • Unha educación en valores e un servizo de orientación e titoría que posibilita a maduración persoal e a realización do proxecto de vida de cada alumno e alumna.
  • Unha relación aberta e receptiva coas familias, baseada na información, a comunicación e a colaboración.
  • Un equipo humano altamente capacitado no profesional, comprometido coa educación e identificado co Proxecto Educativo.
  • Unha ampla oferta de actividades buscando a formación integral dos nosos alumnos e alumnas.
  • Un constante afán de mellora e renovación.

Para todo iso, a Dirección de Centro asegura o cumprimento de todos os requisitos regulamentarios para o desenvolvemento da nosa actividade.