Uso de cookies Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle publicidad relacionada con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede cambiar la configuración u obtener más información aquí: Política de cookies. Permitir cookies

ORIENTACIÓN PARA O EMPREGO- ADECCO

Hoxe, dentro das actividades programadas da SETEC, tivemos o privilexio de contar con Rebeca Vales, responsable de selección da empresa ADECCO.

Como en pasadas edicións, Rebeca explicou ós alumnos como deben afrontar un proceso de busca de emprego, e o fixo dende a súa grande experiencia como profesional e a gran cercanía da que sempre da cumpridas mostras. Escoitou con grande interese e paciencia as preguntas e opinións dos alumnos respecto a este proceso, e faltounos tempo, coma sempre, para seguir profundando neste tema tan importante. Dende aquí queremos agradecer unha vez mais a súa inestimable colaboración.

 

 

Juan B. Carpintero

Author: Juan B. Carpintero

Compartir