Uso de cookies Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle publicidad relacionada con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede cambiar la configuración u obtener más información aquí: Política de cookies. Permitir cookies

Oferta educativa ciclos formativos

O

Colegio Hogar Afundación é un Centro de Formación Profesional e toda a súa actividade desenvólvese neste campo, despois de adquirir unha gran capacidade de adaptación aos diversos plans, que a Formación Profesional experimentou. A formación profesional do sistema educativo abrangue o conxunto de accións formativas estreitamente relacionadas coas ocupacións, as profesións e o mercado de traballo.  Estas accións formativas organízanse en ciclos formativos de grao medio e grao superior.  Os ciclos de grao medio forman parte da ensinanza secundaria postobrigatoria, e os de grao superior da educación superior, igual que as titulacións universitarias.

O

s ciclos formativos estructúranse en módulos de formación teórico-práctica, adecuada aos diversos campos profesionais, cunha duración variable especificada en horas. A maioría dos ciclos formativos teñen unha duración de 2.000 horas, ou dous cursos académicos, aínda que con excepcións nalgúns ciclos do anterior sistema educativo, como é o caso do título “Impresión en artes gráficas” que ten unha duración de 1400 horas. Os ciclos impartidos no Colegio Hogar forman parte do réxime ordinario, na modalidade presencial, e polo tanto, implica a asistencia diaria ao centro.

Requisitos de acceso a un ciclo de grao medio

Para poder cursar estudos de ciclos formativos de grao medio, o alumnado debe cumprir algún dos requisitos seguintes:

  • Posuír o título de graduado en educación secundaria ou dun nivel académico superior.
  • Ter superados os módulos obrigatorios dun programa de cualicación profesional inicial (PCPI).
  • Ter superado o curso de formación especíco para o acceso a ciclos de grao medio (pendente de regulación).
  • Ter superada a proba de acceso a ciclos formativos ou a proba de acceso á universidade para maiores de 25 anos.
  • Outras titulacións equivalentes para os efectos de acceso aos ciclos formativos de grao medio, dispoñibles no enderezo www.edu.xunta.es/fp, no epígrafe “Coñece a FP”

Requisitos de acceso aun ciclo de grao superior

Para poder cursar estudos de ciclos formativos de grao superior, o alumnado debe cumprir algún dos requisitos seguintes:

  • Dispor do título de bacharel.
  • Posuír un título de técnico de grao medio e ter superado un curso de formación especíco para o acceso a ciclos de grao superior (pendente de regulación).
  • Ter superada a proba de acceso a ciclos formativos ou a proba de acceso á universidade para maiores de 25 anos.
  • Outras titulacións equivalentes para os efectos de acceso aos ciclos formativos de grao superior, dispoñibles no enderezo www.edu.xunta.es/fp, no epígrafe “Coñece a FP”.

Oferta educativa concertada do Colegio Hogar

 Ciclos formativos de grao medio

Artes gráficasPreimpresión dixital: As persoas que obteñan este título han exercer a súa actividade en empresas de artes gráficas, prensa, editoriais, comunicación, publicidade, servizos gráficos e de publicacións multimedia, ou en calquera sector produtivo cuxas empresas requiran un departamento de preimpresión dixital que poida ter sección de dixitalización de imaxes, realización de publicacións electrónicas, tratamento de textos e imaxes, compaxinación e maquetaxe, imposición de páxinas, obtención dixital de formas impresoras e impresión dixital.

Artes gráficasImpresión gráfica: As persoas que obteñan o título de técnico en Impresión Gráfica han exercer a súa actividade en empresas de artes gráficas en xeral que teñan sección de impresión offset, flexografía, serigrafía ou dixital, así como en empresas dedicadas á impresión de libro, á edición de publicacións periódicas, á fabricación de envases e embalaxes de papel, plásticos, complexos e cartón ondulado, ás transformacións do papel e cartón, á impresión de publicidade e á estampaxe téxtil, cerámica e noutros produtos.

Electricidade-Electronica_var

Instalacións de telecomunicacións: Este profesional exerce a súa actividade en microempresas e en empresas pequenas e medianas, maioritariamente privadas, por conta propia ou allea, nas áreas de montaxe e mantemento de infraestruturas de telecomunicación, instalacións de circuíto pechado de televisión e seguridade electrónica, centrais telefónicas e infraestruturas de redes de voz e datos, sonorización e megafonía, instalacións de radiocomunicacións, sistemas domóticos e equipamentos informáticos.

InstalElectricidade-Electronica_varacións eléctricas e automáticas: Esta figura profesional exerce a súa actividade en pequenas e medianas empresas, nomeadamente privadas, dedicadas á montaxe e ao mantemento de infraestruturas de telecomunicación en edificios, máquinas eléctricas, sistemas automatizados, instalacións eléctricas de baixa tensión e sistemas domóticos, tanto por conta propia como por conta allea.

 

Fabricación mecánicaMecanizado: Estas persoas exercen a súa actividade nas industrias transformadoras de metais relacionadas cos subsectores de construción de maquinaria e equipamento mecánico, de material e equipamento eléctrico, electrónico e óptico, e de material de transporte encadrado no sector industrial.

 

Fabricación mecánicaSoldadura e caldeiraría: Esta figura profesional exerce a súa actividade nas industrias de fabricación, reparación e montaxe de produtos de caldeiraría, carpintaría e estrutura relacionadas cos subsectores de construcións metálicas e navais, e de fabricación de vehículos de transporte, encadradas no sector industrial.

 

 

 

 Ciclos formativos de grao superior

Electricidade-Electronica_varAutomatización e robótica industrial: As persoas que obteñan o título de técnico superior en automatización e robótica industrial han exercer a súa actividade profesional en empresas públicas e privadas relacionadas cos sistemas automáticos industriais, nas áreas de deseño, montaxe e mantemento de sistemas de automatización industrial.

 

Electricidade-Electronica_varMantemento electrónico: As persoas que obteñan este título han exercer a súa actividade en empresas do sector de servizos, tanto privadas como públicas, dedicadas ao mantemento e a reparación de equipamentos e sistemas de telecomunicacións, sistemas microprocesados, redes de banda larga, telemática e radiocomunicacións, así como equipamentos industriais e profesionais de audio e vídeo, por conta propia ou por conta allea.

 

Fabricación mecánicaProgramación da producción en fabricación mecánica: Esta figura profesional exerce a súa actividade en industrias transformadoras de metais relacionadas cos subsectores de construción de maquinaria e equipamento mecánico, de material e equipamento eléctrico, electrónico e óptico, e de material de transporte encadrado no sector industrial.