Uso de cookies Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle publicidad relacionada con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede cambiar la configuración u obtener más información aquí: Política de cookies. Permitir cookies

O piano de La Cocina Gráfica gana un concurso internacional!!!

O martes pola noite recibiamos unha estupenda noticia: we are the winners of the Makey Makey Contest.

A mediados de xaneiro propuxémonos en La Cocina Gráfica crear un piano de cartón coa intención de animar ao escritor-pianista James Rhodes a pasarse polo colexio. Os alumnos de 2ºIMPGRAF, motivados ao máximo polo seu profesor Ricardo, envorcáronse na idea, algúns preparando os planos para o corte, outros pensaron no peso e dimensións da estrutura, outros invadiron twitter tentando gañarse unha resposta de James, etc. Uno deles, Iván Martínez, pensou en ir un pouco máis aló e tentar conseguir que ese piano “soase de verdade”. E ese foi o punto no que se demostra que o traballo en equipo, a colaboración, a forza que se xera cando se suma o estusiasmo de varias persoas, sempre sempre sempre teñen premio.

Grazas á colaboración con SignTronic, temos na Cociña unha xoia de mesa de corte Zünd, que fixo que cortar o cartón niño de abella para a estrutura fose en grao sumo sinxelo.
O noso premio comezou co simple feito de coñecer a Jordi Crespo (maker amigo do noso alumno Iván e fundador da Asociación Teis Robotics xunto con Jorge Turiel), quen usando as tarxetas Makey Makey e a aplicación Scratch, conseguiu facer soar esa estrutura de cartón como un Gran Piano.

Makey Makey ao ver algunhas das fotos que publicamos xunto aos CM da cociña, contactounos para que participásemos na súa First Contest en Instructables, unha páxina de Autodesk que reúne proxectos de todo o mundo relacionado con todas as artes e manualidades DIY (fágao Ud. mesmo). Como sempre, traballo in extremis, nervios de última hora, pero finalmente chegamos a tempo para poder unirnos ao concurso.

Á media semana tiñamos unha resposta a tanto esforzo, eramos finalistas xunto a outros 18 proxectos, empezaban as votacións e teriamos que esperar 4 días máis para saber a clasificación, aínda que non podiamos ver os votos, si que eran visibles os comentarios e o número de favoritos, duplicabamos ao seguinte proxecto con máis favoritos.

E este martes, tras expor na 6ª Feira de Ensinos Artísticos, e que até o Alcalde D. Abel Caballero, quedase prendado do noso piano, recibiamos a estupenda noticia :)

Estamos moi contentos porque foi un proxecto de colaboración entre varios “apaixonados” (Jordi, alumnos, profesores, xente que cedeu material, os nosos colaboradores coas súas máquinas…) e nesta ocasión, ademais do premio que sempre gozamos de aprender tanto, tamén ten premio dos de verdade ;)

nuria

Author: nuria

Share This Post On