Uso de cookies Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle publicidad relacionada con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede cambiar la configuración u obtener más información aquí: Política de cookies. Permitir cookies

O Colegio Hogar Afundacion presente no IX Inspira TICS

Hoxe o Colegio Hogar Afundación presentou e defendeu o seu proxecto FP SOBRE RODAS como finalistas no concurso PROYECTA INNOVACIÓN.

A PRESENTACIÓN DOS PROXECTOS FÍXOSE NO MUSEO Santiago Rey Fernández-Latorre de Arteixo, dentro do IX encontro de profesores INSPIRA TICS. Estes encontros están dirixidos a profesionais da educación; profesores e mestres, co obxecto de aprender,, poñer ideas en común e compartir experiencias de aula e inquietudes.

Agora toca esperar uns días para coñecer se o noso proxecto será uns dos premiados neste concurso. De tódolos xeitos, ser finalista e ter chegado a presentar o noso proxecto a outros centros coma un proxecto innovador, xa é todo un éxito.

Temos que agradecer a Andrés, Pablo, Celeste, David e ó profesor que os acompañou na presentación, Angel Abalde, sen esquecer a tódolos que xa levan colaborando no proxecto no colexio. A todos eles, GRAZAS e moita sorte.

Se queredes mais información, podedes consultar a noticia que publicou a Voz de Galicia sobre este concurso.

http://www.lavozdegalicia.es/noticia/galicia/2017/05/13/siete-suenos-proyecta-innovacions/0003_201705G13P10991.htm

 

Juan B. Carpintero

Author: Juan B. Carpintero

Compartir