O Colegio Hogar Afundación finalista no IV CONCURSO PROYECTA INNOVACIÓN

O Colegio Hogar Afundación co seu proxecto “FP sobre rodas” é un dos 7 finalistas co IV Concurso Proyecta Innovación, da Plataforma Proyecta, desenvolvida pola Fundación Amancio Ortega Gaona e a Fundación Santiago Rey Fernández-Latorre e que ten por obxecto promover a renovación dos métodos de traballo que se empregan actualmente nas aulas de ensinos preuniversitarios do Sistema Educativo de Galicia. Para elo, o Concurso Proyecta premiará proxectos educativos que impulsen a innovación e para cuxa implantación sexa necesaria a utilización das TIC (Tecnoloxías da Información e da Comunicación) con fins didácticos.

No seguinte vídeo explícase en que consiste o noso proxecto “FP sobre rodas”.