Competencia xeral
A competencia xeral deste título consiste en executar os procesos de mecanizado por arranque de labra, conformado e procedementos especiais, preparando e programando as máquinas ferramenta, operando con elas e verificando o produto obtido, conforme as especificacións de calidade, seguridade e protección ambiental.
Duración total
2000 horas (dous cursos académicos)
Plan de Formación
Primeiro Curso
- MP0001. Procesos de mecanizado.
- MP0004. Fabricación por arranque de labra.
- MP0005. Sistemas automatizados.
- MP0007. Interpretación gráfica.
- MP0008. Formación e orientación laboral.
Segundo Curso
- MP0002. Mecanizado por control numérico.
- MP0003. Fabricación por abrasión, electroerosión, corte e conformado, e por procesos especiais.
- MP0006. Metroloxía e ensaios.
- MP0009. Empresa e iniciativa emprendedora.
- MP0010. Formación en centros de traballo.