Uso de cookies Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle publicidad relacionada con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede cambiar la configuración u obtener más información aquí: Política de cookies. Permitir cookies

MÁQUINAS -FERRAMENTA NEUMÁTICAS E ELECTRÓNICAS. MACROINSA

Os alumnos de 2º de GM de Mecanizado e 2º GS de PPFM asistiron hoxe á charla formativa impartida por Dna. Laura Eiriz, da empresa MACROINSA S.L., dedicada á distribución de suministros industriais e especializada en sistemas de fixación e montaxe e ao deseño, instalación, posta en marcha e postvenda de redes de aire comprimido e sistemas de montaxe e arrinque de material con ferramentas industriais.

No seu relatorio falouse das vantaxes/desvantaxes dos compresores de caudal variable fronte aos compresores tradicionais todo/nada, propoñendo supostos prácticos nos que se vía a utilidade e selección dun tipo ou outro segundo a necesidade.

Tamén se falou sobre as diferencias entre as ferramentas eléctricas e pneumáticas mais usuais, así como a conveniencia de escoller unhas ou outras en función da actividade a realizar e tamén da súa ergonomía. Propuxéronse tamén supostos prácticos relacionados con este tema.

Finalmente houbo unha quenda no que alumnos e alumnas fixeron preguntas e requiriron informacións concretas relativas á actividade desenvolvida pola empresa.

 

 

 

Juan B. Carpintero

Author: Juan B. Carpintero

Compartir