Uso de cookies Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle publicidad relacionada con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede cambiar la configuración u obtener más información aquí: Política de cookies. Permitir cookies

La Cocina Gráfica participa un ano máis no Café Solidario

O pasado sábado, na Praza da Princesa, tivo lugar unha nova edición do Café Solidario de Delikia, e coma xa pasou o ano pasado, alí estivemos os de La Cocina Gráfica para unirnos a esta iniciativa solidaria.

Co obxectivo de colaborar co Banco de Alimentos de Vigo, reunímonos con xente estupenda baixo unha misma carpa transparente. Por unha banda Marcos González, impulsor da idea e responsable de calidade de Delikia, xunto con usuarios da asociación Down Vigo, ofreceron café e chocolate gratis para todos aqueles que se achegaron a donar alimentos. Tamén desfrutamos de música en directo co grupo Bafana Bafana, e de talleres de pintura de cara para os máis pequenos.

E xunto a todos eles estiveron os novos alumnos, manexando tres máquinas dos nosos colaboradores (Framun e Tajima) para entregar agasallos personalizados a cambio de donacións. Fixemos cheas e cheas de gorras e adornos navideños, sen dúbida unha experiencia inesquencible e sumamente satisfactoria.

Por certo, as lonas que vestían a carpa, a ruleta para a batalla de latteart e esas decoración tan chulas, tamén foron “cociñadas” por nos :)

Deixámosvos os enlaces os diarios que se fixeron eco desta noticia: Faro de VigoVoz de Galicia, Atlánticovigo.e e algunhas fotos

https://www.farodevigo.es/gran-vigo/2019/12/08/cafe-solidario-recolecta-3000-kilos/2214514.html

https://www.lavozdegalicia.es/noticia/vigo/2019/12/07/cafe-gratis-cambio-comida/0003_201912V7C9992.htm?fbclid=IwAR0qZDvRfrKdCdxo0YjjPB_IgCdB1h_2dcIeNuujmHlHqkaP6u8xfeQiSjk

nuria

Author: nuria

Share This Post On