Uso de cookies Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle publicidad relacionada con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede cambiar la configuración u obtener más información aquí: Política de cookies. Permitir cookies

La Cocina Gráfica na 6ª Feria de Enseñanzas Artísticas

Onte e hoxe, 9 e 10 de marzo no hall do Auditorio Mar de Vigo, La Cocina Gráfica participou un ano máis na Feira de Enseñanzas Artísticas y Profesionales.
Esta edición, a sexta xa, contou co apoio do Concello de Vigo e a Deputación de Pontevedra, e reuniu a máis de 20 centros formativos de múltiples especialidades: restaurador de bens culturais, idiomas, música, teatro, auxiliar de voo, deseño de moda, deseño gráfico, deseño de xoias, xemología,cociña, imaxe e son, esgrima, respostería, escenografía, barbaría, cociña, camareiro, actor, pilotos de liñas aéreas, dirección de escena, etc.
Entre as actividades destacaron o desfile moda e xoiaría do martes ás 17:00 h a cargo da Escola Goymar, pero tamén os obradoiros de cociña e pastelaría, xoiaría, caracterización, barbaría, cantaría entre outros. Actuacións musicais, maquillaxe creativa… unha infinidade de ofertas formativas que sen dúbida axudarán aos máis 1000 asistentes (150 docentes e 975 estudantes) a coñecer algunha saída laboral próxima ou nun futuro.
Pero sen dúbida, un dos momentos que lembraremos con máis agarimo, foi cando o Alcalde de Vigo, D. Abel Caballero, tocou unhas notas musicais nas teclas do noso piano :)
Agradecemos como sempre o esforzo da organización por levar a cabo este evento tan enriquecedor. Vémonos na 7ª!

nuria

Author: nuria

Share This Post On