Competencia xeral
A competencia xeral deste título consiste en montar e manter infraestruturas de telecomunicación en edificios, instalacións eléctricas de baixa tensión, máquinas eléctricas e sistemas automatizados, conforme a normativa, a regulamentación e os protocolos de calidade, seguridade e riscos laborais, asegurando a súa funcionalidade e o respecto polo medio.
Duración total
2000 horas (dous cursos académicos)
Plan de Formación
Primeiro curso
- MP0232. Automatismos industriais.
- MP0233. Electrónica.
- MP0234. Electrotecnia.
- MP0235. Instalacións eléctricas interiores.
- MP0241. Formación e orientación laboral.
Segundo curso
- MP0236. Instalacións de distribución.
- MP0237. Infraestruturas comúns de telecomunicación en vivendas e edificios.
- MP0238. Instalacións domóticas.
- MP0239. Instalacións solares fotovoltaicas.
- MP0240. Máquinas eléctricas.
- MP0242. Empresa e iniciativa emprendedora.
- MP0243. Formación en centros de traballo.