Competencia xeral
A competencia xeral deste título consiste en montar e manter instalacións de telecomunicacións e audiovisuais, instalacións de radiocomunicacións e instalacións domóticas, aplicando normativa e regulamentación vixente, protocolos de calidade, seguridade e riscos laborais, asegurando a súa funcionalidade e respecto ao medio.
Duración total
2000 horas (dous cursos académicos)
Plan de Formación
Primeiro curso:
- MP0359. Electrónica aplicada.
- MP0360. Equipamentos microinformáticos.
- MP0362. Instalacións eléctricas básicas.
- MP0363. Instalacións de megafonía e sonorización.
- MP0365. Instalacións de radiocomunicacións.
- MP0366. Formación e orientación laboral.
Segundo curso
- MP0237. Infraestruturas comúns de telecomunicación en vivendas e edificios.
- MP0238. Instalacións domóticas.
- MP0361. Infraestruturas de redes de datos e sistemas de telefonía.
- MP0364. Circuíto pechado de televisión e seguridade electrónica.
- MP0367. Empresa e iniciativa emprendedora.
- MP0368. Formación en centros de traballo.