Importancia do chorreado e pintado no Sector Naval. CHORRO NAVAL

Hoxe nos visitou D. Casiano Iglesias, fillo do fundador desta empresa familiar, que ocupa o cargo de xerente, a quen agradecemos a súa disposición de colaborar nesta Semana Técnica.

Foi a primeira charla que tivemos os de mecanizado e soldadura, e aínda que era luns a primeira hora foi unha charla moi amena e interesante. O alumnado e o profesorado estivemos encantados ca exposición do poñente.

Chorro Naval ten unha experiencia duns 30 anos no campo do tratamento de superficies, realizando os tratamentos máis apropiados nos sectores naval, industrial e de construción. Desde o principio, o mundo dos barcos é a súa principal actividade desenvolvida en todo tipo de buques pesqueiros, quimiqueiros, mercantes, cementeiros, ferries … tanto en reparacións como en novas construcións.

Pero tamén realizan traballo e asesoramento nos sectores industriais (como os mercados eólicos, caldeiraría pesada, conserveiro, depuradoras), en construción (como a limpeza de fachadas, a aplicación de repelentes de auga, chorro de area) e na restauración (tratamentos abrasivos contra a corrosión, metalizado)
Na súa páxina web 3w.chorronaval.com, que é moi recomendable visitar, hai moitas fotos interesantes do seu traballo desenvolvido.

É moi interesante o mundo do pintado na industria e descoñecíamos por completo o complexo deste sector.

Tamén como dato curioso nos recalcou que primeiro sempre é a prevención, seguido da calidade e por último a produción. Conceptos moi interesantes e útiles para a vida profesional.

Grazas Chorro Naval foi un auténtico pracer.

Juan B. Carpintero

Author: Juan B. Carpintero

Compartir