HYPNON COLABORA CO COLEGIO HOGAR AFUNDACION

A empresa HYPNON, cuxo xerente e un dos técnicos son AA.AA do Colegio Hogar Afundación, ven de colaborar co noso centro coa cesión dun robot ABB durante 6 meses para que o noso alumnado puidera facer prácticas de programación, en combinación cun dos robots que xa tiñamos no noso taller. Ademais, técnicos da empresa, déronnos dúas formacións que axudaron ao noso alumnado a ter outro punto de vista sobre a programación en robótica industrial.

HYPNON son especialistas en robótica Industrial. Dan solución de automatización e optimización de procesos industriais, melloras de tempos de ciclo, programación off line e on line, deseño de estándares de programación e formación adaptada.

Queremos agradecer á empresa HYPNON a súa colaboración co Colegio Hogar Afundación. Iniciativas coma esta fan posible que o noso alumnado reciba unha formación complementaria que, sen dúbida, lles axudará moito na súa inserción laboral.

 

Juan B. Carpintero

Author: Juan B. Carpintero

Compartir