Uso de cookies Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle publicidad relacionada con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede cambiar la configuración u obtener más información aquí: Política de cookies. Permitir cookies

Historia

ORIXES

A historia do Centro de Formación Profesional “COLEGIO HOGAR AFUNDACIÓN” ten o seu comezo o 19 de decembro de ano 1948. Entón era Director Xeneral da Caixa de Aforros D. Enrique Martínez Do Río.

Os contactos que se tiveron coa Congregación Salesiana para que viñesen a facerse cargo da dirección do novo centro, leváronse a cabo polo Provincial dos Salesianos da Inspectoría Céltica, D. Emilio Corrales Garrido e o Director Xeral da Caixa de Aforros. O 7 de abril de 1947 asinábase o Convenio de colaboración. Iniciábase así unha intensa colaboración entre ambas as dúas entidades, que segue na actualidade. Os Salesianos chegaron o 3 de setembro de 1948, á fronte de D. Ignacio Díez Mateo, que sería o primeiro Director.

O colexio foi inaugurado no ano 1948, recibindo un nome significativo: Colegio Hogar San Roque. O nome do santo púxose porque o lugar onde se edificou era o terreo San Roque e o cualificativo de “Hogar” púxose para que esta casa se convertese nun auténtico “lar” onde aqueles nenos desvalidos encontrasen alimento, cariño, educación e futuro profesional.

A situación de Vigo, despois da Guerra Civil, era desoladora, por iso os órganos reitores da Caixa idearon a forma de mellorar a situación de moita xente da cidade e tomaron a decisión de fundar unha institución para atender as necesidades dos nenos máis desprotexidos.

Nun principio, o Centro acolle os primeiros alumnos, en réxime de internado. E comézase a creación dos talleres de formación profesional, típicos daqueles anos:

  • Carpintaría, ebanistaría e talle.
  • Impresión.
  • Xastraría.
  • Zapataría.
  • Mecánica.

 

curso-51

As instalacións foron modélicas naqueles anos. Con ocasión da celebración do Cincuentenario da fundación, experimentaron unha transformación total, de forma que aparece como de recente construción. Caixanova ten este Centro de Formación Profesional como o punto de partida e unha das realizacións máis queridas da súa Obra Social, sobre todo polo constante esforzo por enriquecer o nivel cultural e económico de todo o ámbito de Vigo.

O CENTRO NA ACTUALIDADE

Coas reformas que ten experimentando a Formación Profesional ao longo de sesenta anos, as instalacións do Centro fóronse adaptando aos diversos plans. Os talleres actuais están totalmente renovados para dar cabida aos novos Ciclos Formativos de Grao Medio e de Grao Superior.

O Colexio Hogar Afundación é actualmente un centro concertado que intenta formar bos profesionais, bos técnicos e tamén mozos preparados para a vida cunha formación humana e cristiá.

Esta formación lévase a cabo grazas ao clima de proximidade e acollida do centro, por medio da presenza animadora dos profesores e educadores, en continua actualización, seguindo o ritmo dos tempos. É un colexio cheo de mozos dispostos a tomar parte nun futuro profesional e persoal cheo de ilusión e valores positivos.