Uso de cookies Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle publicidad relacionada con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede cambiar la configuración u obtener más información aquí: Política de cookies. Permitir cookies

GRAN RECOLLIDA SOLIDARIA DE ALIMENTOS

Este fin de semana, 40 voluntarios do noso centro participaron durante toda a xornada do venres e a do sábado na Gran Recollida Solidaria 2017 que organiza A Fundación Provincial Banco de Alimentos de Vigo.

Grazas á axuda de todos os 2000 voluntarios que se sumaron nesta campaña, o Banco de Alimentos de Vigo superou os 300.000 kilos de alimentos de primeira necesidade cos que se prevé chegar ás 25.000 persoas ás que atende en toda a provincia, cando menos, ata a primavera do 2018.

Os nosos voluntarios estiveron no supermercado que MERCADONA abriu recentemente na rúa Pizarro e alí estiveron en quendas de 3 ou de 4 durante dúas horas.

Parabéns para todos eles, que volveron a demostrar que temos unha xuventude comprometida cos demais.

Non nos esquecemos tamén de felicitar a os profesores e profesoras que colaboraron dun xeito ou outro para que esta actividade puidera saír adiante.


Juan B. Carpintero

Author: Juan B. Carpintero

Compartir