Uso de cookies Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle publicidad relacionada con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede cambiar la configuración u obtener más información aquí: Política de cookies. Permitir cookies

FORMACIÓN EN MÁQUINAS DE MEDICIÓN TRIDIMENSIONAL. ENGRANOR S.L.

O alumando de 2º de grao medio de mecanizado, na 2ª e 3ª semana de marzo, recibiron unha formación en metroloxía con máquina tridimensional na empresa Engranor. Esta empresa colabora con nós en fct, en bolsa de emprego, en asesoramentos técnicos, en doazóns e agora tamén en formación teórico – práctica.

A idea da colaboración xurdiu ante a necesidade de ensinar o procedemento de verificación de dimensións, xeometrías e superficies das pezas fabricadas. Como o noso centro non dispón dunha máquina de medición por coordenadas ca que poder ensinar este procedemento, buscouse a colaboración dunha empresa da nosa contorna que tivera esta maquinaria e non lle importara ensinar aos nosos alumnos como verificar as pezas usando esta tecnoloxía.

Dita actividade resultou moi proveitosa por varios motivos:

En primeiro lugar destacar a magnífica disposición, en todo momento,  da empresa en parar o seu traballo para dedicarnos o seu tempo en explicarnos o procedemento de medición cunha máquina tridimensional.

Por outro lado, foi moi enriquecedor a visita que fixemos polo taller. Comezando pola recepción do material, o seu corte, o seu mecanizado polas distintas máquinas que se precisaban e o súa posterior medición e control. Polo que puidemos comprobar todo o proceso que se desenrola no mecanizado de pezas.

Finalmente foi moi positivo que nos deixaran medir e traballar cas nosas propias mans na máquina de medición tridimensional. Polo que non só foi unha formación teórica, se non que dita formación que nos deron a apoiamos con formación práctica.

En definitiva. resultou moi interesante desprazarnos ata as instalacións da empresa e recibir esta formación recollida no currículo no ciclo de Mecanizado.

Engranor S.L. é una empresa que naceu no 1994 e que dedicouse dende o seu inicio á  fabricación de engrenaxes e todo tipo de elementos mecánicos para distintos sectores como naval, alimentación, automóbil, enerxía, acuícola, ferroviario, etc.

Non queda máis que agradecer o tempo e a formación que nos ofreceron dende a empresa colaboradora co colexio e recomendamos dende aquí a visita á súa páxina web www.engranor.com.

 

Juan B. Carpintero

Author: Juan B. Carpintero

Compartir