Uso de cookies Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle publicidad relacionada con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede cambiar la configuración u obtener más información aquí: Política de cookies. Permitir cookies

Festa de María Auxiladora

Hoxe é 24 de maio e celebramos a festa da nosa María Auxiliadora. O día comezou coa celebración da misa, amenizada co coro de profesores e que contou tamén coa colaboración de varios alumnos/as nas lecturas e no ofertorio.

Unha vez rematada a misa, degustación da tradicional empanadilla e refresco para comezar con forza o maratón, o campionato de fútbol 7, o tiro con arco, o futbolín, o Fifa e todas actividades programadas.

Unha actividade novedosa este ano na festa de María Auxiliadora foi a de Light Painting, que é unha técnica fotográfica que consiste en “pintar con luz” nunha exposición prolongada. Os alumnos de 1º Mantemento electrónico, Aarón Martínez e Aarón Rodríguez, expertos nesta técnica, ensináronnos como se fan estas fotografías, e aquí tedes unha mostra.

Pola tarde, os fieis e devotos de María Auxiliadora saíron en procesión acompañando a súa imaxe ó redor do colexio.

Juan B. Carpintero

Author: Juan B. Carpintero

Compartir