Feria Artes Gráficas

Os pasados días 13 e 14 de marzo, o Departamento de Artes Gráficas (La Cocina Gráfica) asistiu á » I Feria de las Enseñanzas Artísticas y Profesionales» celebrada na Estación Marítima de Vigo, cuxo principal obxectivo foi brindar aos mozos a posibilidade de coñecer baixo un mesmo teito distintas alternativas de formación en campos relacionados con disciplinas artísticas e con saídas profesionais moi efectivas.

Entre estas alternativas estaban: dirección de hotel, cociña, música, formación da voz, gráfica publicitaria, interiorismo, deseño  de xoias, xemoloxía, deseño de moda, restauración de bens culturais, auxiliar de voo, técnico de imaxe e son, escenografía, tasación de xoias, caracterización, cociña, produción, realización, dirección escénica e dramaturxia, etc.

E entre os visitantes multitude de alumnos de diversos centros escolares buscando opcións de formación para continuar os seus estudos tras rematar a ESO ou o Bacharelato.

A experiencia foi moi positiva, o material que expuxemos gustou moito e agradecemos o extraordinario traballo dos nosos alumnos voluntarios que nos acompañaron e axudaron durante eses dous días.

Deixámosvos unhas fotos e a ligazón a un vídeo resumen que nos enviaron desde a organización e que realizaron os alumnos da escola de imaxe e sonigo de Vigo. – EISV

-
pepe

Author: pepe

Compartir