Fallecimiento de D. Raimundo Sendino Ortega

D. Raimundo
Os comunico la triste noticia del fallecimiento de D. Raimundo.

 

Falleció el 26 de agosto de 2018 a las 21 horas aproximadamente.
El martes  día  28 fue el funeral  de cuerpo presente en la capilla del colegio a las 16,30  horas  y posteriormente el entierro en Pereiró.

 A modo de Semblanza

(Con motivo del nombramiento de Vigués Distinguido)

 

Nome: Raimundo

Apelidos: Sendino Ortega

Data de nomeamento: 28 de marzo de 2005

 

Veu ó mundo no seo dunha familia profundamente cristián de Astudillo (Palencia), moi próxima afectiva e xeograficamente ós salesianos que se estableceran na vila no ano 1925, de feito, de 6 irmáns 3 pertencen á congregación fundada por D. Bosco.

Fai os estudos en centros salesianos de Astudillo, Madrid e Zamora ( Universidade Laboral) e mesmo a profesión que elixe das Artes Gráficas é a mimada destes relixiosos. O 24 de agosto de 1956, xa profeso, témolo en Vigo, despregando a súa benéfica actividade a favor de xente nova no Colexio Hogar San Roque da Caixa de Aforros, o seu primeiro e único destino.

A partires desa data terá como máxima fundamental a formación de “honrados cidadáns e bos cristiáns” dende a proximidade cos rapaces, asumindo calquera responsabilidade: xefe de taller, estudos, residencia, administración. Mais, onde hai que salientar a actividade de Raimundo é na dedicación ó deporte, como testemuñan os recoñecementos e galardóns acadados por el e cos seus pupilos a nivel local, nacional e internacional. Algúns deles:

  • Campión de España de fútbol cadete en Granada. 1972.
  • Primeiro premio nacional de Artes Gráficas ós alumnos entregado polo Xefe do Estado. Anos 1970, 1972, 1973.
  • Premio nacional da deportividade 1976.
  • Campións de España de campo a través en Baiona. 1982.
  • Campións do mundo de campo a través en Israel. 1982.
  • Diploma ó mellor club Vigués. 1983.
  • Medalla ó mérito deportivo pola Federación Galega de Fútbol. 1984.
  • Recepción especial a deportistas do Colegio Hogar polo presidente do COI, Exmo. Sr. D. Juan Antonio Samaranch en Lausana (Suiza) no Museo Olímpico.
  • “Placa san Juan ante portam Latinam” pola difusión das Artes Gráficas. 1996.
  • Insignia de ouro e brilantes da Asociación de Empresarios de Artes Gráficas. 2001.

Toda a súa traxectoria de entrega e doazón pola xuventude ven  recoñecida coa concesión de “Vigués Distinguido” o 28 do marzal de 2005. Un ano máis tarde é obxecto dunha homenaxe  no IFEVI coa presenza de AA. AA. deportistas e multitude de persoas que compartiron vida o longo de 50 anos en Vigo.

Recoñece a capital importancia do Colegio Hogar Novacaixagalicia como plataforma da súa actuación.

administrador

Author: administrador

Compartir