Uso de cookies Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle publicidad relacionada con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede cambiar la configuración u obtener más información aquí: Política de cookies. Permitir cookies

ENTREGA DE DIPLOMAS

O Colegio Hogar Afundación celebrou a cerimonia de graduación dos alumnos que remataron os seus estudos no curso 2016-17. Foron un total de 154 alumnos que recibiron o seu diploma e xa pasan a formar parte da gran familia de antigos alumnos do colegio.

A cerimonia contou coa presenza de dous invitados moi especiais: Xocas Cardama, responsable do Control de Xestión e Planificación Estratéxica en Estaleiros Cardama;  e de Dª. Carlota Sánchez Montaña, en representación de Afundación, que lles desexaron,  aos novos titulados, moita sorte nesta nova etapa que agora comezan.

¡Parabéns para todos!

 

Juan B. Carpintero

Author: Juan B. Carpintero

Compartir