Doazón de sangue. 1401 doazóns

3

Estimado Sr. Corcero,

Grazas a colaboración que nos brindaron na campaña de doazón de sangue, levada a cabo os días 4 e 5 de outubro, acadáronse un total de   60 doazóns, das cales 29 foron realizadas por novos   doadores.   Coas   60   doazóns   rexistradas   nesta   ocasión,   poderíanse   realizar   30 intervencións  cirúrxicas,  transfundir  plaquetas  a  12  enfermos  de  cancro  ou  leucemia,  obter  15 litros de plasma utilizable en tratamentos de grandes queimados, enfermidades crónicas.

A  unidade  móbil  do  Centro  de  Transfusión  de  Galicia,  leva  acudindo  ao  COLEXIO  HOGAR AFUNDACIÓN (con anterioridade chamado Colegio Hogar Caixanova) dende o ano 2000, para concienciar  aos  alumnos  e  profesores  na  importancia  de  participar  regularmente  neste  xesto altruísta, acadándose un total de 1401 doazóns de sangue.

Julio Flores Pérez Responsable Unidade de Promoción Centro de Transfusión de Galicia

administrador

Author: administrador

Compartir