Uso de cookies Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle publicidad relacionada con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede cambiar la configuración u obtener más información aquí: Política de cookies. Permitir cookies

CURSOS DE FORMACIÓN 2018.

Como nestes derradeiros anos, dende o ano 2013, o Colegio Hogar Afundación quere promocionar os Cursos de Formación a tódolos alumnos do centro, especialmente aos alumnos de 2º curso.

Ofertamos unha serie de cursos que che poden complementar o teu currículo persoal, coa adquisición de coñecementos e habilidades en contidos que non pertencen ao ciclo que estás a piques de rematar, pero que supoñen un valor engadido na túa formación.

Trátanse duns cursos que terán lugar unha vez rematada a 2ª avaliación, en diferentes semanas, xusto antes de comezar a FCT, en horario sempre de tarde.

Aquí poderás consultar a oferta de cursos para este ano 2018, e se estás interesado, inscríbete na secretaría do centro. A data de inscrición remata o vindeiro 1 de marzo.

Poden inscribirse nestes cursos alumnos, antigos alumnos e persoas alleas ao centro.

Se non se chega ao número mínimo de alumnos inscritos para cada curso, o Colegio Hogar Afundación resérvase o dereito de non celebrar o curso. Avisarase con antelación.

 

Juan B. Carpintero

Author: Juan B. Carpintero

Compartir