Curso de Lubricantes. ENRIEL-CASTROL

Os alumnos de 1º PPFM tivemos un curso de LUBRICANTES dentro da formación complementaria que o COLEGIO HOGAR AFUNDACIÓN nos ofrece.

Nesta ocasión, contamos coa colaboración de Martín Alonso, Enxeñeiro Industrial, responsable técnico de CASTROL;  e de ENRIEL quen facilitou o equipamento e as instalacións para o desenvolvemento do curso.

Despois dunha breve introdución xeral sobre os lubricantes, Martín explicounos os tipos de lubricantes que hai segundo o tipo de aceite base e aditivos que leve. Sentou conceptos básicos como densidade, viscosidade relativa e viscosidade absoluta ou o índice de viscosidade, para despois explicarnos como seleccionar o tipo de lubricante mais axeitado ao proceso de fabricación.

Ao final foron mais de 5 horas de formación complementaria, que resultaron moi interesantes e se fixeron cortas grazas o ben facer de Martín.

Juan B. Carpintero

Author: Juan B. Carpintero

Compartir