Uso de cookies Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle publicidad relacionada con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede cambiar la configuración u obtener más información aquí: Política de cookies. Permitir cookies

COVIVENCIAS 2º GRAO SUPERIOR. TUI 2018

Hoxe, os alumnos de 2º de Grao Superior tiveron o seu día de convivencias en Tui. Asistiron un total de 36 alumnos dos ciclos de PPFM, AUROIN e MANELE.

Baixo a ameaza de ter un día pasado por auga, decidimos apostar por manter a data programada para a convivencia dos alumnos de grao superior e, ao final, puidemos desfrutar dunha boa xornada de convivencia.

O día comezou cos bos días, seguida dunha actividade de presentación de todos os participantes da convivencia. Mais tarde, tempo para a reflexión e as 11:30, o tempo deunos un respiro, co que puidemos dar un paseo pola veira do Miño e rematar na Catedral de Tui.

A xornada rematou cun xantar no albergue, tempo de sobremesa para xogar ou charlar tomando un café. Como se pode ver, houbo tempo para todo.

A xornada rematou cun último momento de reflexión antes de subir ao bus para voltar ao colexio ás 16:30 .

Juan B. Carpintero

Author: Juan B. Carpintero

Compartir