Uso de cookies Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle publicidad relacionada con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede cambiar la configuración u obtener más información aquí: Política de cookies. Permitir cookies

Convivencias 1º GM. Ruta da Pedra e da Auga

 

Un ano mais, os alumnos de 1º de Grao Medio desfrutamos dunha xornada de convivencias. Nesta ocasión fixemos a ruta da Pedra e da Auga dende o concello de Ribadumia con destino ao mosteiro de Santa María de Armenteira.

Nesta ruta puidemos ver mais de 30 muíños ao carón do rio Armenteira que se atopan nunha paisaxe de incrible beleza que transmite paz e tranquilidade.

As convivencias pretender ser un alto no ritmo diario do centro e teñen como finalidade favorecer as relacións persoais entre os membros de cada clase, nun ambiente agradable e lonxe das obrigas diarias das clases.

A participación nestas convivencias é totalmente voluntaria e, nesta ocasión, asistiron 130 alumnos, acompañados de 9 profesores.

Unha boa experiencia que nos serve para coller enerxía nesta recta final do curso.

 

Juan B. Carpintero

Author: Juan B. Carpintero

Compartir