COMPARTINDO VIDA. CAMPAÑA DE DOAZÓN DE SANGUE

 

Xa temos  en marcha a primeira das actividades de solidariedade que faremos no Colegio Hogar Afundación durante este ano. Onte mércores e hoxe xoves, a unidade móbil do Centro de Transfusión de Galicia está aparcada diante do noso centro para facilitar as doazóns a todos aqueles alumnos que desexen colaborar nesta causa.

Cun pequeno xesto podemos axudar a moita xente. Accidentes de tráfico, operacións programadas, etc., son algúns dos casos diarios que precisan de sangue para atender aos doentes. Así que non o dubides, e se podes doar, faino. Moitas persoas dependen de ti.

Grazas a todos os que xa doastes.

 

 

 

 

 

Juan B. Carpintero

Author: Juan B. Carpintero

Compartir