Uso de cookies Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle publicidad relacionada con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede cambiar la configuración u obtener más información aquí: Política de cookies. Permitir cookies

Comeza a XIII SETEC

Hoxe inauguramos, un ano máis, a nosa Semana Técnica: a XIII SETEC.
O acto foi guiado polo Xefe de Estudos, Ángel Abalde, e trala benvida do director, poidemos escoitar unhas emocionadas verbas de Yordana, antiga alumna de AUROIN que nesta SETEC será relatora.
Continuamos co sinceiro e revelador relatorio inaugural a cargo do Presidente de ASIME e Presidente e Conselleiro Delegado de UROVESA, D. Xusto Sierra Rei. As súas palabras déronnos unha visión dos cambios que se están a producir na sociedade actual e que están a producir modificacións importantes no mercado laboral e as consecuencias que iso xa está tendo sobre os traballadores.
Tras esta intervención, Dª. Carlota Sánchez-Montaña, coordinadora adxunta de Educación Superior de Afundación, deu o pistoletazo de salida desta Semana Técnica e invitounos a participar dunha forma activa en todas as actividades propostas nesta edición.
Para rematar, proxectouse un vídeo que recollía imaxes da evolución da SETEC ao longo destas trece edicións.
Arranca a SETEC, unha semana na que contaremos coa presenza de mais de 50 empresas, con outros tantos relatores, que de un modo totalmente desinteresado, como recordou o xefe de estudos, compartirán con nos os seus coñecementos e a súa experiencia.
A disfrutala!

nuria

Author: nuria

Share This Post On