Uso de cookies Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle publicidad relacionada con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede cambiar la configuración u obtener más información aquí: Política de cookies. Permitir cookies

COLABORANDO CO BANCO DE ALIMENTOS DE VIGO

 

Esta fin de semana, un grupo de 45 alumnos e 6 profesores están a colaborar con Banco de alimentos de Vigo na Gran Recollida de alimentos que se organiza cada ano no primeiro fin de semana de decembro.

Coma o ano pasado, colaboramos no Supermercado de Mercadona que está na Rúa Pizarro. Organizados en quendas de dúas horas, estamos presentes todo o horario comercial do supermercado nestes dous días, invitando á xente a colaborar co Banco de alimentos e logo, clasificando todos os alimentos recollidos.

Este ano coa GRS2018 preténdese conseguir a cifra récord de 325.000 kilos de alimentos logrado o ano pasado, para poder abastecer de produtos básicos os dous almacéns cos que conta o Banco de Alimentos de Vigo e Pontevedra. Trátase de seguir axudando ás 25.000 persoas con dificultades ás que chega na provincia de Pontevedra.

Felicitacións para todos eles, que volven a demostrar, un ano mais, que temos unha xuventude solidaria.

Non nos esquecemos tamén de felicitar aos profesores e profesoras que colaboraron dun xeito ou outro para que esta actividade puidera saír adiante.

Juan B. Carpintero

Author: Juan B. Carpintero

Compartir