Uso de cookies Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle publicidad relacionada con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede cambiar la configuración u obtener más información aquí: Política de cookies. Permitir cookies

Carmen Avendaño no Colegio Hogar Afundación

Onte tivemos a inmensa sorte de contar ca presencia de Carmen Avendaño no noso teatro.

Acompañada por Marta Lloves, como coordinadora do programa de prevención, amosáronnos unha realidade sobre o mundo das drogas que non sempre se ten presente.

O formato seleccionado foi o de videoforum. Comenzamos cunha charla-introducción que nos situou ante o que íamos a ver (ainda que o impacto foi igualmente tremendo) e continuou cas verbas que Nacho Carretero (autor do libro “Fariña”) tivo a amabilidade de enviarnos por vídeo.

A continuación seguimos ca proxección dunha presentación sobre os inicios da asociación Érguete e a súa loita contra o narcotráfico, para continuar cun documental demoledor sobre as consecuencias do consumo de drogas e o seu efecto no entorno da familia de quen padece esta adicción.

Despóis do impacto do visualizado e ca sensibilidad a flor de pel, a propia Carmen Avendaño, subiu o escenario para compartir con nos as seas vivenzas e responder ás múltiples preguntas dos alumnos. Todo un luxo poder compartir este tempo con ela, auténtico exemplo de muller loitadora, cercana, amable, enérxica e auténtica.

Deixámosvos o enlace a noticia recollida na web da asociación.

Dende esta pequena reseña, queremos facerlle chegar, a Carmen e a todos os integrantes de Érguete, o agradecemento e admiración de tódolos asistentes, alumnos e profesores, que sen dúbida lembraremos esta experiencia de por vida.

GRAZAS
nuria

Author: nuria

Share This Post On