Uso de cookies Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle publicidad relacionada con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede cambiar la configuración u obtener más información aquí: Política de cookies. Permitir cookies

CAMPAÑA DE DOAZÓN DE SANGUE

Empeza a campaña de doazón de sangue no Colegio Hogar Afundación. Durante dous días, hoxe martes e mañá mércores a unidade móbil do Centro de Transfusión de Galicia estará aparcada diante do noso centro para facilitar as doazóns a todos aqueles alumnos que desexen colaborar nesta causa solidaria.

Cun pequeno xesto podemos axudar a moita xente. Accidentes de tráfico, operacións programadas, etc., son algúns dos casos diarios que precisan de sangue para atender aos doentes. Así que non o dubides, e se podes doar, faino. Moitas persoas dependen de ti.

Grazas a todos os que xa doastes.

 

 

 

 

Juan B. Carpintero

Author: Juan B. Carpintero

Compartir