BOCATA SOLIDARIO 2018. CAMPAÑA DE MANS UNIDAS.

Hoxe, nos sumamos á campaña de MANS UNIDAS, que este ano ten como lema  COMPARTE O QUE IMPORTA.

Este ano se pretende compartir propostas de cambio para un mundo mais xusto, sumándonos dunha maneira decisiva e eficaz na loita da fame e da pobreza, sen deixar a ninguén de lado. Compartir bens e compartir experiencias de cambio convértense en dúas caras da mesma moeda: a imperiosa necesidade de humanizar a vida de milleiros de seres humanos que seguen a vivir en condicións inaceptables.

Mais de 200 alumnos quixeron solidarizarse con toda esta xente que está a sufrir. Cun sinxelo xesto de almorzar soamente un bocadillo e un refresco,  recordarmos a todos os que sofren a lacra da fame, ao tempo que recadamos cartos para tratar de apoiar as medidas que MANS UNIDAS teñen en marcha para ir atallando o problema.

Parabéns para todos.

Juan B. Carpintero

Author: Juan B. Carpintero

Compartir