Uso de cookies Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle publicidad relacionada con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede cambiar la configuración u obtener más información aquí: Política de cookies. Permitir cookies

Axudamos ao Banco de Alimentos na súa Gran Recollida Solidaria

O pasado venres 22 e sábado 23 de novembro, un total de 44 alumnos colaboraron con Banco de alimentos de Vigo na Gran Recollida de alimentos que se organiza cada ano por estas datas.

Coma o ano pasado, colaboramos no Supermercado de Mercadona que está na Rúa Pizarro. Perfectamente organizados e uniformados co xa famoso chaleco, estiveron presentes no horario comercial do supermercado nestes dous días, invitando á xente a colaborar co Banco de Alimentos para logo clasificar todos os alimentos recollidos.

A GRS2019, capitaneada pola súa madriña deste ano, a peridista María Rei, superou os 300.000 kilos de alimentos, cos que se poderán abastecer de produtos básicos os dous almacéns cos que conta o Banco de Alimentos de Vigo e Pontevedra. Un logro do que sentirse moi orgullosos.

Felicitacións para todos eles, por volver a demostrar, un ano mais, que temos unha xuventude solidaria.

nuria

Author: nuria

Share This Post On