Uso de cookies Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle publicidad relacionada con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede cambiar la configuración u obtener más información aquí: Política de cookies. Permitir cookies

Axencia de Colocación

Ministerio empleo

ASTI

 

 

 

A Asociación Salesiana para a Tecnoloxía e a Innovación (ASTI)  está recoñecida como Axencia de Colocación (n.º de autorización 9900000164) desde 2012. Para desenvolver a súa actividade como Axencia de Colocación conta con varias sedes repartidas por todo o territorio nacional, sendo unha delas o Colegio Hogar Afundación.

A nosa Axencia de Colocación, en colaboración co Servizo Público de Emprego (SEPE), realiza actividades de intermediación laboral que teñen como finalidade proporcionar ás persoas traballadoras un emprego adecuado ás súas características e facilitar aos empleadores as persoas traballadoras máis apropiadas aos seus requirimentos e necesidades.

As actividades de intermediación laboral realizadas pola Axencia de Colocación están dirixidas a todas as persoas traballadoras que o soliciten, e dun modo especial ás persoas desempregadas.

As actividades de Intermediación desenvolvidas pola Axencia son entre outras as seguintes:

  • Valorar os perfís, aptitudes, coñecementos e cualificación dos usuarios da Axencia, co fin de axustalos aos requirimentos e características dos postos de traballo ofertados.
  • Estudar o mercado laboral mediante o contacto continuo coas empresas.
  • Realizar a intermediación laboral entre as persoas e as empresas.
  • Valorar os perfís profesionais dos usuarios a través de titorías individualizadas.
  • Orientar laboralmente naqueles casos que se detectan carencias nos usuarios.

En caso de considerarse necesario para mellorar a empleabilidad dos usuarios da Axencia de Colocación, estes poderán participar (cando sexan organizados pola Axencia) en talleres tales como Taller de Procura de Emprego, Taller de Desenvolvemento de Habilidades Sociais, Taller de Información e Asesoramento sobre Emprego Autónomo, ou en calquera outro que se considere pode mellorar as posibilidades de emprego do usuario da Axencia.

 Contacto coa axencia

Pode poñerse en contacto coa axencia mediante o seguinte teléfono ou correo electrónico.

Tfno: 986 414 311

e-mail: 36vigo.raquel@salesianosempleo.com

Inscripción na axencia

Si vostede busca traballo, cubra a súa experiencia profesional e os seus datos persoais mediante o seguinte enlace: inscripción na axencia

Si polo contrario busca profesionais, cubra a súa solicitude mediante o seguinte enlace: inscripción na axencia

Coñece a Asociación Salesiana para a Tecnoloxía e a Innovación: ASTI